aerowi estará con David Amor e os Taninos Maduros

Este venres día 6, aerowi estará con David Amor e os Taninos Maduros, integrando a nosa aplicación wiVivo dentro do espectáculo. Deste xeito, todo o público poderá interactuar en tempo real co show, e durante o mesmo.

O Teatro Principal de Santiago acolle este venres a partires das 20.30 horas o novo espectáculo de David Amor. O humorista galego trae a Compostela 'Fóra de sitio', un show no que deixa de estar só sobre o escenario para acompañarse pola Taninos Maduros Jazz Band, unha formación de Sarria que xoga un papel moi importante sobre o escenario.

wivivo david amor etiqueta negra aerowi wifi Ademais da música ao vivo, outro dos elementos novidosos de 'Fóra de sitio' é que mediante a app gratuíta wiVivo (en Play Store e Apple Store) os asistentes poderán interactuar co show usando o smartphone. Ademais, co hashtag #dendeCompostelaconAmor, poderán descubrir contidos e sorteos.